Saturday 04 de May de 2024

María del Carmen Bustelo Rial xura o seu cargo como concelleira ante a corporación local do Concello de Padrón


A corporación local de Padrón deu hoxe a benvida a nova concelleira do Concello de Padrón, María del Carmen Bustelo Rial, que xurou o cargo nunha sesión plenaria extraordinaria. A nova concelleira asegura comezar esta etapa “con moita ilusión e con moitas ganas de afrontar novos retos en beneficio da cidadanía a que representa”. O rexedor de Padrón, Antonio Fernández Angueira, deseoulle “grandes éxitos no desenvolvemento da súa labor como concelleira do equipo de goberno, xa que os seus logros serán os de Padrón” e púxose a súa disposición para todo o que precise, especialmente, neste período inicial.
Dende o día de hoxe María del Carmen Bustelo será a responsable das áreas de Festexos, Participación Cidadá e Benestar Animal.